lunes, 16 de abril de 2012

Cronica

Queridos miudiños:
Hoxe por vez primeira tocoume a min escribir esta crónica, que ben lle podiamos chamar "crónica dunha morte anunciada". ¿E pregustarédesvos porque,non?. Pois este domingo tocaba ruta como todos os meses pero Angel tivo un despiste e non se acordou que era domingo de pascua e a xente está coas súas familias que viñeron de vacacións, polo que só fixemos a ruta catro persoas: Angel, Juan, Javi e eu. De aí que pareza como si isto tivera morrendo pero iso non e verdade porque esta asociación ten que durar unha eternidade. Bueno contareivos que tal foi todo.
Saímos as 8 de Ferreira como ben sendo habitual e fomos nos nosos coches hasta o concello de Pol. Chegamos sobre as 9:30 alí con unha xeada... ¡¡con dicirvos que estabamos a 0º...!! A ruta chamábanlle "ruta da fraga de Romeor" aínda que a fraga esa nin a pisamos porque era arredor dela, pois para evitar traballo aproveitaron pistas forestais e cortafogos. A ruta foi bastante boa, era a maior parte cha ou costa abaixo, as únicas pendentes leváronse ben e iso que a min non me gustan nada, pero contareivos un secreto: como era a única muller entre tres homes deixáronme mandar e ían amodiño e cando parabamos a descansar non seguiamos hasta que eu decidía seguir. ¡¡ Si os homes cando queren son uns anxiños!!. Foi unha ruta circular, acabamos sobre as 2 da tarde e logo fomos ata o concello de Mosteiro, a comer. Despois de varias voltas para buscar o restaurante para comer, e gracias as indicacións dun señor, porque Angel estaba un pouco perdido, ¡¡ por fin puidemos comer!!. E despois dunha boa comida demos por rematado este domingo mais de ruta.
Espero que a próxima ruta sexamos mas xente e como sempre vivir as nosas aventuras. ¡¡ Ata a próxima miudiños!!

Cristina García Febrero